E Ourense, existe?

Hai uns días o presidente da Asociación de Seixalbo publicaba un artigo falando da cidade e a provincia e, afirmaba que daba a sensación de que, cada día que pasa, voltávamos ao medievo. Ou sexa; que o retroceso en Ourense é tan evidente que camiñamos cara atrás no canto de ir pra mellor.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 10/05/2021

Comparte esta noticia
Pois ben, escoito nos medios informativos que o Sr. Feijoo, presidente da Xunta, convida a todas as administracións e forzas políticas pra facer un acordo pra salvar Ferrol e a súa comarca;   pois, segundo dixo, nestes últimos 40 anos perdeu trintamil habitantes. O nome escollido seica é Ferrol tamén existe. O que ven a ser algo semellante o que xa se fixo noutra provincia do Estado.  E diante esta nova, un comenza a pensar  e a darlle voltas a cachola, e conclúe: Pero se na nosa cidade e provincia, ou sexa Ourense,  dende a chegada da democrácia perdéronse  80.000 habitantes. Sí, oitenta mil, que son moitos. Razón pola que  somos a provincia galega máis castigada coa emigración a outras partes do Estado e fora del. E polo que se ve, nin o señor provincial, o que marca a liña a seguir no pretendido  feudo, nin o Sr. Feijoo e todos os demais  que gobernan se enteran desta situación. 
 
Ourense perde empresas, pechan pequenos e medianos comercios e  nada novo no eido empresarial anima a frear iste deterioro permanente.  Ademais do dito, carecemos de  lideres políticos que  poidan  revertir esta situación e levar a a provincia a  bon porto.  Polo que augúranos  un futuro escuro e tristeiro para estas terras do interior.  E se as  carencias provinciais lle sumamos que na cidade, principal motor e espello pra o resto do feudo,  todo camiña de mal en peor e está no máis escuro desleixo, sabemos que vaise cumplir  o que dixo presidente da Xunta referíndose á cidade:  “Jácome será letal para Ourense”    Polo que   o futuro que nos espera é máis negro co chapapote.  
 
Vivimos un tempo de decadencia no que, nesta cidade e provincia, os cidadáns asumiron  a derrota, como se fose unha maldición da que eles nada fan pra saír. Outra pandemia máis  contra a que  nada podemos facer.  E non debera ser así. Se  hai tempo que  como provincia  renunciamos a pintar algo dentro do panorama político galego. Penso que haberá que reflexionar e rebelarse contra deses meigallos que nos pretenden afogar.   Do contrario,   seremos  unha terra doente  semellante a aquil  enfermo que vive esperando a morte asistida  e confórmase   con  ter  coidados  paliativos.
 
No centenario da xeración Nós, estamos nunha encrucillada na que a falla de rebeldía e de certo orgullo, está a cronificar unha  situación que no afoga. E  aínda que vemos como todos os índices sociais  desta provincia, día a día, van a peor non se percibe ningunha reacción por parte dos gobernantes nin dos entes que conforman o tecido social desta provincia.
 
Por iso, a pregunta está cantada: E Ourense existe; ten vida de seu; aspiramos a algo os ourensás pra mellorar o futuro dos nosos fillos e netos? A terceira cidade galega, por número de habitantes,  morre lentamente, e naide parece enterarse. Amigo Carba camiñamos , como tú dis, cara o medievo. De pena.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com