Artigos de Pablo Vaamonde

A ditadura dos mercados e a saúde

Nos últimos tempos vivimos nun estado de excepción permanente. Inauguramos cada día coa inquedanza de saber que novas restricións terán preparadas o goberno e os mercados para afogar un pouco máis as nosas esperanzas no futuro. A crise financeira e as medidas adoptadas polos gobernantes están a producir un grave retroceso social e a perda de dereitos que parecían definitivamente consolidados. As regras do xogo, na política e na economía, están deseñadas pola triple alianza do Fondo Monetario Internacional (FMI), o Banco Central Europeo (BCE) e a Comisión Europea. O goberno do Partido Popular sigue con fidelidade os dictados desta política ultraliberal que está a provocar a liquidación do estado de benestar, a laminación dos dereitos dos traballadores e o exterminio da clase media neste país. De seguir a este ritmo pronto chegaremos ao obxectivo que semellan perseguir: unha sociedade de castas donde unha clase dirixente detente o poder e a riqueza, mentres a maioría da poboación viviría nas marxes da pobreza, reducida á consideración de súbditos.

O copagamento na sanidade

A dereita gobernante está a promover, cada vez con máis insistencia, a introducción do copagamento na prestación sanitaria e farmacéutica. Feijoo anunciou a posibilidade de estabelecer unha cota pola “comida, a cama ou o uso da ducha” durante os ingresos hospitalarios; tamén avisou da posible supresión da gratuidade na dispensación de fármacos aos pensionistas. Cospedal pretende que a sanidade pública deixe de financiar os medicamentos máis baratos; mentres, a dereita catalana impón o cobro dun euro por cada receita dispensada.

Recortes e privatizacións na sanidade

A reducción dos orzamentos dedicados á atención da saúde non se produce só en Galicia. Todas as autonomías, controladas maioritariamente pola dereita, rebaixan o diñeiro da sanidade. En total o gasto por persoa redúcese nun 10,4%, o que significa que a sanidade española funciona con 5.000 millóns de euros menos que en 2010. As comunidades recortan en persoal, materiais, formación e inversións; en cifras absolutas as administracións gastarán de media 1.204 euros por persoa este ano, frente aos 1.344 de 2010. Pero non todas rebaixan o mesmo: Euskadi, por exemplo, dedica á sanidade case 600 euros máis por persoa que a comunidade valenciana.

A indolencia dos traballadores

O exceso de seguridade e protección social dos traballadores alimenta a preguiza. A indolencia prexudica o traballo e a produción. Por tanto, cómpre reducir as axudas públicas ao mínimo para que o traballador se empregue a fondo no seu labor.

A sanidade pública é mellor que a privada

Hai un sector da poboación que, ademáis de dispor da sanidade pública, ten contratado un seguro de saúde para poder usar servizos sanitarios privados. As persoas con certa capacidade adquisitiva asumen este custe para acceder directamente aos especialistas, para evitar as listas de espera, para realizar probas ou revisións sen ter que agardar, ou por ter, no caso dunha hospitalización, un maior grado de confort.

Núñez Feijóo, sindicalista

O presidente da Xunta, demostrando o seu pouco aprecio pola función pública, está a adoptar medidas que perxudican de maneira severa aos seus traballadores: reduce de xeito brutal os dereitos laborais e precariza o emprego. Semella estar entregado a unha misión: o desmantelamento dos servizos públicos e o desprestixio dos seus traballadores.

O descrédito do público

A finais de novembro de 2010 os máximos responsables de Caixa Galicia e Caixanova asinaron a acta de fusión desas entidades; dese xeito nacía Novacaixa Galicia, que pasaba a ser a quinta caixa de España. O presidente da Xunta valorou o momento como un fito histórico, como un exemplo para Galicia. A mediados do mes de xuño do ano pasado o xornal La Voz de Galicia situaba na súa portada a boa nova da transformación de Novacaixa Galicia en banco. Na foto da portada aparecían os executivos co sorriso pintado nos beizos. Feijoo auguraba un expléndido futuro para o novo banco e Castellano, presidente executivo da nova entidade, afirmaba abordar este novo reto como un servizo a Galicia.

Cambios na Consellería de Sanidade

Pilar Farjas ocupa, desde hai uns días, o segundo posto no Ministerio de Sanidade, despois de estar tres anos como Conselleira de Sanidade en Galicia. Fagamos un breve percorrido para coñecer os seus méritos.
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.