Hai autores moi críticos con parte do actual sistema editorial galego. Xavier Alcalá, por exemplo, denuncia a "patética e sobredimensionada novela negra" ou a algúns novos autores "que non coñecen o galego". Marilar Aleixandre e Fran Alonso, pola contra, cren que é unha riqueza que haxa autores novos e Antón Vidal apunta á redución do mercado en galego. Pero todos teñen un responsable da actual situación; a falta de axudas institucionais ao idioma e ao libro en galego.