Para un vial cunha velocidade media de 100km/h expropiaranse 1.000 fincas, afectará a case 20.000 metros cadrados de viñedo, máis de 2.000 de ríos e 6.000 de carballeiras. Pasará moi preto do instituto, da área deportiva e do centro de saúde de Tomiño e tamén da Aurora do Porvenir, unha escola indiana que é unha icona no concello e da que foi profesor o republicano Antón Alonso Ríos. Os veciños piden a paralización desta obra, a Xunta di que é a mellor opción e o concello, do BNG, cala.
Cata, niñún, faer, traio ou truita… Son algunhas das particularidades lingüísticas do Baixo Miño. A rapazada do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño recolle o peculiar xeito de falar dos tomiñeses nun vídeo.
Hai 87 anos en Santiago de Compostela proclamábase a I República Galega. Non foi un acto espontáneo. Levaba tempo xestándose ante o abandono de Madrid. O esquecemento ferroviario do país --como acontece aínda hoxe en día-- foi o detonante. O agrarista e galeguista Antón Alonso Ríos sería nomeado presidente.
  comenta   13