O pleno do Concello de Santiago vén de aprobar unha proposta da comisión de honras que preside o amigo Manuel Dios Diz do grupo municipal de Compostela Aberta, pola que se lles retiran as distincións outorgadas durante a ditadura a nove ministros de Franco, nomeando, ao tempo, fillos predilectos a título póstumo a Federico García Lorca e a Ánxel Casal, alcalde republicano “paseado” en agosto de 1936. Pero tamén distingue coas mesmas honras a outros cidadáns, entre eles a Ramón Castromil Ventureira, a proposta do Foro E. Peinador. Asemade, concédelle a medalla de ouro da cidade á agrupación folclórica Cantigas e Agarimos a instancias da Fundación L. Peña Novo.