O acordo subscrito entre o PSC e ERC para facer posíbel a investidura de Salvador Illa como presidente da Generalitat abriu fortes polémicas no eido estritamente político e tamén nos ámbitos académicos e mediáticos.
  comenta   0
Hai agora un ano, asistimos a unha poderosa ofensiva da dereita política, mediática e xudicial contra o proxecto de lei de amnistía que contemplaba a cancelación das consecuencias penais derivadas dos acontecementos rexistrados en Cataluña durante os anos do chamado "procés".
  comenta   0
Se tiveramos que facer unha comparativa abreviada entre os resultados rexistrados nas tres citas electorais celebradas dende o pasado mes de Febreiro (primeiro ao Parlamento galego, despois ao vasco e hai poucos días á Camara lexislativa catalá) teriamos que establecer unha conclusión principal: os cambios mais relevantes teñen ocorrido no escenario catalán.
  comenta   0
O adianto da celebración das eleccións ao Parlament de Cataluña para o vindeiro 12 de Maio provoca unha singular circunstancia temporal: no período comprendido entre o 28 de Maio de 2023 e o 9 de Xuño de 2024 terán lugar as 6 convocatorias que configuran o ciclo electoral principal no ámbito estatal.
  comenta   0
O recente artigo de Iñigo Urkullu no diario "El País" reabriu o debate -polo demais, nunca concluído- sobre a estruturación territorial do Estado español. É certo que estamos ante unha opinión emitida nun formato xornalístico e que, por tanto, non se trata dun documento debidamente sistematizado e formalizado asumido polo actual presidente do goberno vasco. Non se lle poden pedir os niveis de precisión e concreción que serían esixíbeis a unha resolución aprobada polo PNV ou polo propio goberno de Euskadi (hipótese polo demais inviábel debido á presenza do PSE no propio executivo vasco).
  comenta   0
Dende o pasado 28 de Maio, unha pantasma percorre o escenario político do Estado español: o retorno do bipartidismo. Que verosimilitude ten semellante hipótese? E, no seu caso, cal sería a dimensión real dese eventual cambio?
  comenta   0