Milleiros destes crustáceos invadiron a praia de Rodas, nas Illas Cíes, pola suba da temperatura da auga.
"Cando son peixes os que acumulan estes plásticos no seu estómago, nós non comemos o estómago, polo que non estariamos a inxerir os plásticos", apuntou a directora do IDAEA-CSIC, Ethel Eljarrat.
  comenta   2
A Xunta abre este luns a campaña extractiva. A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 kg por barco e día, ao cal se engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo.
  comenta   0
Científicos do CSIC en Barcelona aportan o primeiro estudo sobre depredación de ovos de sepia por invertebrados. Os resultados indican que o cangrexo azul é unha ameaza potencial para os chocos. Esta especie exótica invasora foi identificada recentemente en augas de Galicia por vez primeira. Científicos xa alertaron da "pasividade das autoridades" ante as novas invasións de especies foráneas nas nosas rías.
  comenta   1
Científicos da Universidade de Vigo súmanse a un equipo de investigadores de España, Francia e Portugal para explorar novas ferramentas de xestión e a interacción da especie coa biodiversidade.
  comenta   0
Os científicos lembran que nas zonas máis fondas da plataforma mariña tamén hai vida, aínda que alí non cheguen os raios solares.
  comenta   0
As augas de Galicia recibiron nos últimos anos novas especies de crustáceos, moluscos e de diferentes filos zoolóxicos de invertebrados nunca antes observados aquí. Os expertos apuntan a un proceso de "tropicalización" polo quentamento dos océanos. As dúas últimas identificadas e descritas polo Grupo de Estudo do Medio Mariño son o lagostino e o cangrexo azul, este último, especialmente agresivo e cuxa expansión tería consecuencias ecolóxicas e económicas "inimaxinables", alertan os científicos do GEMM, que lamentan a pasividade das autoridades.
  comenta   1
Investigadores da Universidade de Vigo e do Instituto Español de Oceanografía (IEO) veñen de presentar o traballo máis completo realizado ata a data sobre a biodiversidade dos crustáceos profundos de Mauritania
  comenta   0