Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2025 | Actualizada ás 14:22
Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, realizou nos dous primeiros meses de 2025, xaneiro e febreiro, máis de 1.700 comisos de peixes e mariscos ilegais por non cumprir coa talla regulamentaria, por proceder de extracción irregular ou porque o seu transporte non cumpre os requisitos de documentación ou conservación.
Segundo informa a Xunta nun comunicado, entre estas incautacións destacan máis de 700 quilos de crustáceos, seguidos de 650 quilos de polbo, equinodermos (227 quilos), distintas especies de peixe (112 quilos) e bivalvos (40 quilos). En canto á súa procedencia, destacan: Vigo con 360 quilos, A Coruña con 380, Portosín con 137, Pontevedra con 99, Ferrol con 84, Vilaxoán con 66, Celeiro con 49, Muxía con 36, Ribeira con 28, servizos centrais con 606, a Unidade de Policía Adscrita (UPA) con 10, así como Inspección e Control do Recurso (ICR) con 1.
Durante estes dous meses confiscáronse uns 2.700 útiles de pesca e executáronse máis de 1.590 inspeccións, que deron lugar a máis de 330 infraccións. No mesmo período, executáronse 1.592 inspeccións, que deron lugar a 339 infraccións. Destes controis, 198 acometéronse desde servizos centrais, 306 desde a base de Vigo, 268 desde a ICR, 150 desde a unidade de Pontevedra, 132 desde a de Vilaxoán, 117 desde Portosín, 109 desde A Coruña, 95 desde Ferrol, 93 desde Celeiro, 75 desde Ribeira, 45 desde Muxía e catro desde a UPA.
PASADA FIN DE SEMANA
A pasado fin de semana, segundo informan técnicos de Gardacostas, rexistráronse diversas incautacións nas zonas da ría de Ares, Ézaro e Bueu. No primeiro dos casos, confiscáronse 21,5 quilos de centola e 13 de choco, ademais dun saco de rede e 150 metros de trasmallos. No segundo, en Punta Malva, Fornelo e Punta Queixa, 26 quilos de centola; 1,5 de boi; 3,5 de polbo e 800 gramos de nécora. Polo que respecta aos útiles de pesca, incautáronse 23 nasas; 10 pezas de trasmallos e dúas de vetas, así como unha embarcación. En ambos os casos, as especies foron devoltas ao mar. Finalmente, no operativo desenvolvido en Bueu incautáronse 7,9 quilos de polbo, que foron entregados a un centro benéfico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.