Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2025 | Actualizada ás 13:40
Un hotel de dúas estrelas de Sanxenxo viviu un episodio de roubo singular, no que varias persoas entraron na hospedaxe finxindo pertencer á Garda Civil. Segundo traslada fontes da Comandancia de Pontevedra a Europa Press, dous individuos entraron inicialmente no Hotel Piñeiral simulando ser da Benemérita ao imitar unha das súas vestimentas habituais, xa que levaban un chaleco similar.
Ao chegar, dixéronlle ao dono do hotel que ían proceder a un rexistro, no que el colaborou en todo momento ata chegar mesmo a abrir a caixa forte. A estas dúas persoas sumáronse posteriormente outras dúas, que colaboraron no saqueo. A Comandancia de Pontevedra, onde se interpuxo a denuncia, está a encargarse de investigar os feitos. Estas catro persoas terían substraído unha cantidade significativa de diñeiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.