A casa de Eva Cárdenas e Alberto Núñez Feijóo en Moaña atópase no centro dunha forte polémica despois de que a parella do expresidente da Xunta e actual líder do PP nacional solicitase ao Servizo Provincial de Costas de Pontevedra unha concesión ata o ano 2037 da parcela pública que permite un acceso directo da súa vivenda á praia do Con. Galicia Confidencial fala con Miguel Delgado, dirixente da Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro (Pladesemapesga), que leva anos loitando contra o que el considera unha "ocupación ilegal" do dominio público marítimo-terrestre.