O proxecto Renace busca biomarcadores asociados ao envellecemento saudable nos centenarios, máis de 2.000 en Galicia. Os humanos poderían chegar a vivir ata 150 anos o próximo século, pero "moi poucos" con calidade de vida, prognostica o doutor Armenteros.
"Algúns estudos demostraron que falar máis dunha lingua ten beneficios á hora de atrasar os síntomas cognitivos da demencia até catro e cinco anos", apuntan investigadores. Un estudo da UOC analiza datos de 2.700 individuos, fillos de pacientes de Alzheimer, cedidos polo Barcelonaβeta Brain Research Center da Fundación Pasqual Maragall.
  comenta   0
O presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José María Failde, sinala que esta noticia non debe interpretarse só en negativo, pois "Galicia podería converterse nun motor tractor de recursos para a investigación e para testar os servizos que precisan os maiores que podería ser de utilidade non só para a comunidade e os seus cidadáns, senón tamén para o conxunto da UE de cara ao futuro".
  comenta   0
Estímase que, de media, ás persoas que cumpriron 65 ese ano aínda lles queda por vivir outros 22
  comenta   0