Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2025 | Actualizada ás 11:15
A esperanza de vida dos galegos subiu a 83,95 anos en 2023, que é case un ano máis (+0,73) que o dato rexistrado para o exercicio anterior, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).
Por sexos, é maior a esperanza de vida ao nacemento feminina: 86,89 anos fronte a 80,92 en 2023. Entre 2022 e 2023 aumentou o diferencial, que pasou de 5,61 anos a 5,97.
Mentres, a esperanza de vida aos 65 anos situouse en 2023 nos 22,18 anos. Isto é, estímase que, de media, ás persoas que cumpriron 65 ese ano aínda lles queda por vivir outros 22. Este valor aumentou con respecto ao ano anterior.
Pola súa banda, a esperanza de vida aos 80 tamén rexistrou un incremento entre ambos os períodos, de acordo coa información de Estatística.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.