A empresa Urbas comprou recentemente uns terreos no concello lucense de Muras. A intención é abrir unha explotación de feldespato a ceo aberto. Desde o Concello falan de conversas cos propietarios das fincas, mais de momento din que non hai plan algún de explotación polo momento. Movementos ambientalistas apuntan á política de “Galicia é unha mina” fomentada desde a Xunta de Galicia.