Os fogos do Apóstolo, en homenaxe a mulleres compostelás e cun final "especialmente poderoso"

A empresa Acciona, que repite, destaca que "todo o mundo se fixa en Santiago" por ser "referencia" no 'vídeo mapping' a nivel europeo

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/07/2019 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

Os fogos do Apóstolo homenaxearán este ano a varias mulleres compostelás e terán un final "especialmente poderoso" a través dunha "dinámica de ritmo" ideada pola empresa Acciona.

A compañía, que repite un ano máis como encargada deste espectáculo (que se adxudicou por uns 212.000 euros), destacou que "todo o mundo se fixa en Santiago" por ser "referencia" no 'vídeo mapping' a nivel europeo.

En rolda de prensa este luns, o concelleiro de festas, Gonzalo Muíños, sinalou que comezarán ás 23,30 horas deste mércores e que terán unha duración de 30 minutos.

Ademais de Rosalía de Castro, o espectáculo renderá en 2019 homenaxe a outras "grandes mulleres" de Compostela, nunha proxección sobre a fachada do Pazo de Raxoi que será "aínda máis inmersiva se cabe" que a do ano pasado.

O próximo exercicio, en 2020, volverá ser a protagonista dos fogos a fachada da Catedral, respecto ao que Acciona resaltou o "reto" e as posibilidades que ofrece.

366 QUILOS DE PIROTECNIA

Pero, para este mércores, indicou que haberá 366 quilos de pirotecnia (fronte aos 315 de 2018) e máis de 6.000 efectos de disparo. Haberá efectos tridimensionales e unha posta en escena de Cantigas e Agarimos.

De acordo co director artístico, a idea é guiar ao público por unha "viaxe imaxinada" por "episodios clave" da historia da capital galega.

Presentación dos lumes do Apóstolo 2019. EUROPA PRESS - Arquivo
Presentación dos lumes do Apóstolo 2019. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta