A TVG estrea a serie documental 'O Pórtico da Gloria, polos séculos dos séculos'

É unha serie de catro documentais que profunda na restauración desta obra mestra da Catedral de Santiago de Compostela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2019 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

A Televisión de Galicia estrea este martes 'O Pórtico da Gloria, polos séculos dos séculos', unha serie de catro documentais que profunda na restauración desta obra mestra da Catedral de Santiago de Compostela.

Pórtico da Gloria restaurado na Catedral de Santiago
Pórtico da Gloria restaurado na Catedral de Santiago | Fonte: Fundación Barrié.

Os documentais revelan o longo proceso, desde os estudos previos, a urxencia da actuación e os detalles da limpeza da pedra ou a preservación da policromía, así como explicación da iconografía do Pórtico e a figura do Mestre Mateo.

Esta serie documental é unha produción propia da TVG gravada con cámaras de alta definición por un equipo da canle pública que acompañou de maneira intensiva durante catro meses os traballos de restauración do Pórtico. O proxecto foi posible grazas a un convenio asinado pola CRTVG, a Fundación Barrié e a Fundación Catedral, promotoras da recuperación do monumento.

Ao longo de máis de 40 entrevistas, os xornalistas tiveron a oportunidade de falar cos equipos técnicos así como con expertos en patrimonio, arquitectura ou historia para coñecer de primeira man todo o proceso, que levou a cabo durante dez anos.

O primeiro documental, 'Pedra e auga', trata sobre a situación de humidade e as condicións climáticas que afectaron a obra e como foi recuperada a pedra, e emitirase o martes ás 22.45 horas pola G2.

A serie continúa coa emisión de 'Policromía', peza na que a audiencia descubrirá todo o relacionado co proceso de recuperación das cores do Pórtico e os traballos de investigación que se fixeron sobre as capas de policromía existentes. Nesta ocasión, a emisión farase pola primeira canle, o mércores ás 15.30 horas.

A terceira entrega leva o título 'O Mestre Mateo e a catedral de Santiago', e mostrará a relación desta figura coa xoia arquitectónica que el mesmo creou. Poderá verse o xoves ás 22,45 horas na G2.

Finalmente, a cuarta e última peza documental interésase pola simboloxía dos elementos do Pórtico da Gloria e emitirase o venres, 26 de xullo, ás 22,45 horas pola G2.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Anonimo 2

Boa iniciativa, mas vota-se de menos um pouquinho de História da Galiza, para explicar como o que foi o Reino da Galiza no tempo da construção do templo mais grande de ocidente culminado com uma das obras mestras da humanidade (O Pórtico da Gloria), e quebrar os tópicos da Galiza ilhada e dependente que nos vendem os centralistas. Galiza foi grande quando foi autenticamente galega!!

1 Sentidiño

Certo. E falar dos reis de Galiza, como Afonso II, que levou a corte a Uvieu, mais iniciou a peregrinación, e que enviaba embaixadas a Carlomagno; ou como Afonso VIII, que en España (e en Baiona) chaman "noveno"... https://gl.wikipedia.org/wiki/Pante...