Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2019 | Actualizada ás 19:55
Unha muller faleceu na tarde deste martes tras sufrir un accidente co tractor que manexaba en Cabana de Bergantiños.
Un particular alertou do sinistro sobre as 16,30 horas, no lugar de Pedrouzo. A vítima, unha septuaxenaria e veciña do municipio, puido caer do vehículo.
O 112 solicitou a colaboración dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Carballo, do GES de Ponteceso, dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil da localidade.
A pesar dos esforzos dos equipos de emerxencias desprazados no punto, faleceu cando estaba a ser evacuada ao centro hospitalario de referencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.