Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2019 | Actualizada ás 17:03
O lanzamento de artefactos pirotécnicos sen tomar as suficientes medidas de seguridade provocou un pequeno incendio no concello coruñés de Ames durante as festas patronais o pasado 4 de agosto.
Axentes do grupo de Investigación de Incendios da Xefatura de Santiago, en colaboración con persoal do distrito forestal III de Santiago-Meseta, xa tomaron declaracións en calidade de investigado a un veciño como presunto autor do lume.
O foco estaba situado na parroquia de Biduído, onde arderon 0,04 hectáreas de monte. Foi precisa a intervención dos servizos de extinción da Xunta de Galicia.
No que vai de ano, un total de 57 persoas foron investigadas pola policía autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.