Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2019 | Actualizada ás 12:53
A entidade 'Galicia, Mellor Sen Touradas' avanzou este domingo unha proposta de Iniciativa Lexislativa Popular para prohibir a tauromaquia en toda Galicia.
A proposta ten como obxectivo realizar unha estimación real do "apoio humano e técnico" co que conta o movemento abolicionista para rexistrar formalmente unha proposición lexislativa no Parlamento de Galicia a partir do 2020, e así coincidir coa convocatoria das Eleccións galegas, afirmou a ONG.
Ademais, explicaron que contarán co apoio dos compoñentes que lograron erradicar as corridas de touros en Cataluña, e así, asesorarán a campaña, "lembrando que o contexto político e legal cambiou".
A consulta cidadá realizarase a través dunha páxina web que se habilitará nos próximos días, a través da cal "se calculará o número de potenciais asinantes", que no caso da Comunidade require un mínimo de 10.000, sinalan desde a ONG.
Os abolicionistas consideran que hai que "seguir debatendo acerca de que medidas se poden impulsar" para acabar cunha "práctica tan cruel como pouco apoiada", co "Partido Popular como única forza que dá apoio á súa continuidade".
"DESASTRE EN PONTEVEDRA"
Por outra banda, 'Galicia, Mellor Sen Touradas' asegurou que a primeira xornada da feira taurina de Pontevedra foi constatada un 'desastre evidente', pola "incapacidade de encher o coso", a pesar de "reducir unha corrida respecto ao ano pasado".
Así mesmo, a ONG sinalou que a pesar dos "esforzos do lobby taurino", a publicidade gratuíta e os descontos para menores de idade, "a cidadanía e o turismo dan as costas ás corridas de touros". Tamén se dirixiron ao Concello de Pontevedra para un "hipotético proceso de compra da praza" e convertela nun "multiusos", algo do que "carece o municipio".
A plataforma antitaurina acusou á Xunta de Galicia de "facilitar as corridas coas súas autorizacións" ao reservar estas competencias "en detrimento dos municipios", xa que de non ser así, en Pontevedra "non apoiaría ese espectáculo de crueldade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.