As últimas enquisas do Ministerio de Cultura, correspondentes ao período 2018-2019, reflexan que só o 8 % da poboación acudiu a algún festexo taurino nesas datas e que, dese 8 %, unha gran porcentaxe fíxoo porque lle deron entradas gratis ou descontos. Así, para Cristina, representante da ILP 'No es mi cultura', "a tauromaquia está morrendo e só se mantén viva conectada a un respirador chamado patrimonio cultural".
  comenta   2
De acordo coa última Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais elaborada polo Ministerio de Cultura, destacou a plataforma, "unicamente o 0,6 % da poboación galega declara asistir a algún evento taurino no período 2021-2022, unha das porcentaxes máis baixas de todo o Estado".
  comenta   0
Carmela Silva ironiza con Ayuso "cal emperatriz" ou "muller doutra época" nos actos do Dous de Maio: "Non hai nada xa que me sorprenda".
  comenta   0
Varios colectivos abolicionistas da tauromaquia convocaron mobilizacións e actos de protesta contra a feira, que ten programadas dúas corridas os domingos 6 e 13 deste mes de agosto.
  comenta   0
Os abolicionistas realizan este chamamento co apoio das máis de 143.000 persoas que asinaron a petición para erradicar as corridas de touros na cidade do Lérez
  comenta   0
A Fundación Franz Weber pide que "prohiba a participación de nenos menores de 18 anos como toureiros e como público en espectáculos de tauromaquia, como parte de prácticas nocivas e violentas en contra dos nenos".
  comenta   0
A Fundación Franz Weber asegura que os promotores da feira taurina de Pontevedra ofrece entradas con descontos para menores de 13 anos.
  comenta   0
Varias plataformas piden á Xunta que "mova ficha" e presente un Proxecto de Lei ou unha modificación da normativa afectada.
  comenta   0
O historiador e xornalista Juan Ignacio Codina vén de presentar un libro no que recolle os personaxes históricos antitaurinistas. Entre eles están Emilia Pardo Bazán, Wenceslao Fernández Flórez ou Frai Benito Feijoo. Segundo conta, "o antitaurinismo é unha corrente de pensamento moi antiga". Nesta reportaxe percorremos a loita dende eses personaxes ata a actualidade dos colectivos galegos contra as touradas.
  comenta   3
A consulta realizarase a través dunha páxina web que se habilitará nos próximos días, a través da cal "se calculará o número de potenciais asinantes", sinala a entidade "Galicia, Mellor Sen Touradas".
  comenta   0
A protesta, apoiada por preto de 130 colectivos, percorreu a cidade para "loitar con máis firmeza" contra a tauromaquia e pedir que sexa eliminada "de inmediato" calquera axuda pública.
  comenta   6
A plataforma Touradas fóra de Pontevedra incidirá na necesidade de modificar a Lei de Protección animal de Galicia para que inclúa as corridas de touros, que segundo din, "están en crise".
  comenta   0
Asociacións animalistas fixeron unha enquisa cuxos resultados amosan unha xeral oposición a estas prácticas na nosa comunidade.
  comenta   5
A axenda galega está desaparecida da campaña, cando o que precisamos é poñela de diante, como van facer os vascos do PNV ou os valencianos de Compromís cos intereses de cadanseus países.
  comenta   0