Uns 130 colectivos únense á manifestación antitaurina deste sábado en Pontevedra

A plataforma Touradas fóra de Pontevedra incidirá na necesidade de modificar a Lei de Protección animal de Galicia para que inclúa as corridas de touros, que segundo din, "están en crise".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2019 | Actualizada ás 09:08

Comparte esta noticia

Uns 130 colectivos, partidos políticos e entidades trasladaron o seu apoio á manifestación convocada pola plataforma Touradas fóra de Pontevedra con motivo do día grande da feira taurina da Peregrina, este sábado 10 de agosto ás 20,00 horas na praza da Peregrina.

Unha das portavoces desta plataforma, Vicky Estévez, informou de que a manifestación deste ano incidirá na necesidade de modificar a Lei de Protección animal de Galicia para que inclúa as corridas de touros.

Neste sentido lembraron que o próximo ano hai eleccións autonómicas en Galicia e no caso de que os políticos contrarios a estes eventos teñan maioría, sería "máis fácil", ao seu xuízo, conseguir erradicalos.

A plataforma Touradas fóra de Pontevedra fixo especial fincapé no baixón do número de afeccionados pola tauromaquia na cidade do Lérez, o que lles leva a concluír que a armazón taurina "está en crise" porque cada vez reducen máis a súa actividade e este ano limitan as citas da feira taurina a tan só dúas xornadas no fin de semana dos días 10 e 11 de agosto.

"Sendo a única praza de Galicia, nin con esas conseguen encher a praza", afirmaron as portavoces de Touradas fóra de Pontevedra que fan un chamamento a toda a cidadanía galega para que secunden a protesta xa que "é o momento de facer forza".

As reivindicacións deste colectivo tamén están dirixidas ao Concello de Pontevedra e ao convenio que cada ano asinan cos empresarios propietarios da praza de touros de San Roque, os irmáns Lozano, para o uso das instalacións.

"Pedimos que dean un paso máis e boten abaixo ese convenio dunha vez por todas", indicou Vicky Estévez en nome dun colectivo que considera que ese acordo "é unha subvención encuberta coa que lle están dando diñeiro ao lobby taurino". Ademais, engadiron que as corridas de touros "danan a imaxe" da cidade.

Corrida de touros
Corrida de touros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta