Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2023 | Actualizada ás 18:49
A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas pediu este domingo un compromiso "contundente" ás candidaturas de Sumar, PSdeG e BNG polo fin da tauromaquia e apuntou que a cidade de Pontevedra é "o último reduto desta práctica cruel na comunidade".
Os abolicionistas realizan este chamamento co apoio das máis de 143.000 persoas que asinaron a petición para erradicar as corridas de touros na cidade do Lérez. Lembraron que en 2015 A Coruña acababa coa tauromaquia cando o Goberno municipal anunciou que dedicaría diñeiro público nin cedería gratis instalacións do Concello para unha feira taurina, "mentres que no caso de Pontevedra os pasos foron claramente insuficientes".
Desde a plataforma reivindican o convenio de arrendamento existente, que achega aos donos da única praza da comunidade varios miles de euros "a pesar da súa clara infrautilización por parte da administración local". "Desde a supresión dos subsidios directos, estes convenios suporían un custo global superior aos 800.000 euros", sinalan.
Galicia, Mellor Sen Touradas considera que as candidaturas progresistas deberían "mostrar un compromiso ineludible coa abolición, comezando por derrogar as normas estatais que cualifican esta práctica violenta como "Patrimonio Cultural Inmaterial" e avanzando cara á retirada de calquera apoio institucional á mesma".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.