Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2019 | Actualizada ás 18:58
A Catedral de Santiago acaba de publicar o monográfico 'Mestre Mateo', obra na que se repasa a figura do artista e reflexiona sobre o seu traballo, en concreto a súa peza "cume", o Pórtico da Gloria.
A obra toma como base o catálogo da exposición sobre o mesmo publicado en 2016, mostra que se inaugurou no Museo do Prado, aínda que coa inclusión agora das novidades ao redor da investigación sobre o seu proxecto.
O texto conta coa colaboración de especialistas como o académico Ramón Yzquierdo, o catedrático José Carlos Vale, ou Manuel Castiñeiras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.