Valeu o rupturismo?... Rompeu el mesmo

Todos inimigos do 1.978, do réxime e do seu continuísmo, todos a defenestrar o feito por moitos e moitas, todos e todas a romper co mito de 1.978 como primeiro paso da estratexia política de “tomar el cielo por asalto” unha forma de canalizar o movemento do 15M cara unha causa fácil de defender e de vender.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 23/08/2019

Comparte esta noticia
Unha acción política que tiña a súa lexitimación en que o café para todos á larga foi un freo no camiño político do estado das Españas, si das Españas, que son varias. Un mensaxe de ruptura de formar un novo ciclo e de falar de cousas mal feitas e feridas mal pechadas. Todo moi certo, a transición é hoxe unha lousa na correlación de forzas e na relación de pobos, a Constitución é unha ferramenta desfasada e seca, que cómpre modificar e que os partidos usan como dogma e arma de confrontación, mais tendo unha base sólida e un mensaxe fácil o rupturismo fracasou e vai camiño de ser residual, por que?.
 
Poden ser moitas as causas pero coido que non analizaron ou si o fixeron fracasaron, que no fondo a constitución española non deixa de ser unha ferramenta de cohesión e de relación dos propios partidos protexendo a acción política partidaria e a falsa tradición dos consensos. Precisamente o que tiñan que romper era a forma de facer política partidaria e iso foi o  seu fracaso, foron un partido máis, penso que porque querían asaltar o ceo e ter o Ministerio de Interior, o menos rupturista por certo. Entón para máis do mesmo... vale máis malo coñecido... Outro erro foi considerar que con discursos de dogmas e posicións políticas infantís ían conquerir un movemento social, como podes pensar e facer  movemento social  que te siga cando a todas horas actúas con unha suposta superioridade moral case lindando co bullying á propia sociedade? Xa se facía política antes da “nova política” e facíase boa ou mala que é a única catalogación que se entende. 
 
Foi máis simple aínda o rupturismo galego, rachar con todo, participar a xente, orzamentos participativos, asembleas ... rachar co Estatuto. Máis convulso e incoherente sendo unha restra de partidos coas súas estruturas, clásico en Galicia este fenómeno. Ademais dunha ensalada de egos supinos. Fracasaron sendo a segunda forza política. 
 
Non é o camiño, os políticos pedimos a confianza da xente, unha confianza por un período para xestionar en base a un proxecto de Pais e de sociedade, non ten sentido elixir representantes públicos para  que despois non sexan quen de xestionar porque non poden poñer o seus moitos egos e partidos en común, para despois ter que volver a consultar á xente, iso non funciona porque non é real non é operativo e o tempo pasa, sen que o día a día e os problemas das persoas sexan o centro da política, no rupturismo o centro da política son eles mesmos e de tanto xogar á “nova política” conseguiron rachar algo, o seu propio espazo.
 

Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos)
Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos)
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA