Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2019 | Actualizada ás 13:18
O Concello de Ramirás (Ourense) está a empregar camións cisterna para encher o seu depósito de subministración debida a un aumento na presenza de arsénico, que volve insalubre a auga potable para a poboación.
En declaracións a Europa Press, persoal vinculado ao municipio indicou que se optou por utilizar estes camións para ir enchendo o depósito que abastece aos veciños, "no canto de vir da captación directamente", para paliar este problema.
No executivo municipal tamén aclaran que se irán realizando análises periódicas da composición do encoro para controlar a presenza de arsénico, pero a duración desta medida "é imprevisible".
Esta situación vén repetíndose durante o últimos cinco veráns por mor da seca que caracteriza a zona, de feito, no concello admiten que a "a chegada de choivas atallaría o problema".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.