Por E.P. | A CORUÑA | 26/08/2019 | Actualizada ás 18:08
O científico da Universidade dá Coruña(UDC) José Luís Pardo Vázquez participou, xunto a outros investigadores, nun descubrimento que ofrece unha "explicación singular e robusta da lei de Weber", segundo informa o reitorado coruñés.
En concreto, afirma que esta explicación se recolle nun artigo que publica Nature Neuroscience sobre o traballo dun grupo de científicos integrado polos investigadores Alfonso Renart e Juan Castiñeiras, do Champalimaud Center for the Unknown, de Lisboa, e José Luís Pardo Vázquez, da UDC.
Da lei de Weber, lembra que é "a regra máis xeral e firmemente establecida da psicofísica", a ciencia que estuda a relación entre a intensidade dos estímulos físicos e as sensacións da mente.
"A pesar de ter case 200 anos, non se atopou unha forma para explicala", sinala a UDC. Co traballo publicado agora, asegura que o grupo de científicos españois mostrou que esta lei "se pode entender como a consecuencia dunha nova regra psicofísica que describe a duración das decisións sensoriais". "A nova regra permite identificar unha explicación singular e robusta da lei de Weber", engade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.