Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2019 | Actualizada ás 18:27
A portavoz de Galicia en Común, Yolanda Díaz, instou a Pedro Sánchez a "retomar o diálogo" para lograr un acordo entre PSOE e Podemos, alegando que "non pode frustrar a esperanza do 28 de abril", e dado que "o risco dunha repetición electoral é alto".
"O normal en democracia é falar, pero o que se é certo que parece que queren a repetición electoral", dixo Yolanda Díaz durante unha intervención no Ateneo Ferrolán para analizar a situación da empresa Reganosa.
Díaz puxo de manifesto que o 28 de abril "había alegría" en España, "xa que daban os números para un Goberno de progreso que mellorase a vida da xente". "Pero que parece que o señor Sánchez o quere frustrar", dixo, indicando que "o 28 de novembro pode ser a antítese do pasado 28 de abril".
A política ferrolá asegurou que Podemos leva "todo o mes de agosto traballando" e presentou "unha proposta integral, que apenas a puideron ler e xa dixeron que non". "A verdade é que xa non sabemos que máis temos que facer para lograr que senten a negociar para defender incluso os intereses propios que defende o Partido Socialista", lamentou.
A preguntas dos medios sobre as pensións, Yolanda Díaz explicou que "o que é preocupante é a inacción política", xa que "a única comisión que non se constituíu no Congreso, de maneira moi casual, foi a do Pacto de Toledo, algo que chama poderosamente a atención". Por iso, pediu ao Goberno en funcións "actuacións xa".
Con respecto ao informe elaborado pola Avogacía do Estado sobre os anticipos ás comunidades, Díaz criticou a maneira de operar do Goberno en funcións. "Non son prácticas edificantes, as cousas non se fan así en democracia. Este informe teno hoxe un medio de comunicación e onte, cando estabamos na deputación permanente, non se tiña coñecemento e díxose que non existía, cando en poucas horas sae á luz, isto non é nada serio", sentenciou.
REGANOSA EN MUGARDOS
O grupo de Galicia en Común no Congreso dos Deputados presentou unha proposición non de lei (PNL) na que reclama a paralización da planta de Reganosa, situada no municipio de Mugardos, "por ser ilegal", tras a última sentenza do Tribunal Supremo, a quinta na súa contra.
Despois do último fallo que anula a decisión do Goberno central en funcións de Mariano Rajoy en 2016 pola que eximía á planta dunha avaliación ambiental completa, a deputada Yolanda Díaz demandou unha auditoría desta planta, pois advirte de que é "deficitaria e non cumpre os requisitos mínimos".
"Levamos unha gran sorpresa cando o sábado pasado o Goberno en funcións presentaba unha iniciativa para legalizar a planta de gas, tras recibir do Tribunal Supremo a quinta sentenza que declara ilegal as accións e decisións que se teñen tomado sobre as mesma", lamenta Díaz.
A tamén portavoz de Galicia en Común realizou estas declaracións na mañá deste mércores nunha comparecencia no Ateneo Ferrolán, onde incidiu en que as instalacións situadas en Punta Promontorio "son deficitarias, xa que non cumpre co parámetro mínimos no sistema gasístico español". Por iso, pide que "salla do sistema de retribucións deste sector", o que considera un "escándalo", nun "bo exemplo da corrupción político-empresarial", pois "a lexislación ponse a favor dos que a incumpren".
"INAUDITO" QUE FUNCIONE SEN AUTORIZACIÓN
Pola súa banda, o portavoz do Comité cidadán de emerxencia, Manuel Rodríguez, tachou de "inaudito que unha instalación sen autorización, tal e como estima o Tribunal Supremo, estea e continúe funcionando". Deste xeito, non entende que "isto poida suceder nun Estado de dereito", polo que mostrou a súa satisfacción por "a iniciativa presentada desde Galicia en Común, desde Unidas Podemos para reclamar o cesamento da actividade desta instalación".
Considera que esta planta de Reganosa "é perigosa, situada á beira das vivendas de Mehá, en Mugardos, a 800 metros do Arsenal Militar". "Ademais da situación de risco e inseguridade que crean os buques gaseros cada vez que entran á ría", engade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.