Tensións entre o PP de Galicia e o PP de Madrid pola coalición con Vox e C's

Alfonso Rueda evita comentar o consello de Álvarez de Toledo a Feijóo para que utilicie a marca "Galicia suma".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2019 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou estar "totalmente de acordo" coa portavoz do PP no Congreso dos Deputados, Cayetana Álvarez de Toledo, só cunha expresión; que Feijóo "é unha persoa intelixente". Do resto que dixo a marquesa metida a política evitou facer comentarios.

A portavoz do PP no Congreso dos Deputados, Cayetana Álvarez de Toledo, ofrece declaracións aos medios de comunicación na Cámara Baixa un día despois do seu nomeamento.. Óscar J.Barroso - Europa Press
A portavoz do PP no Congreso dos Deputados, Cayetana Álvarez de Toledo, ofrece declaracións aos medios de comunicación na Cámara Baixa un día despois do seu nomeamento.. Óscar J.Barroso - Europa Press

Álvarez de Toledo instou a Feijóo a "integrar" ao centro dereita na comunidade galega a través da marca Galicia Suma. Sobre esta opción, o vicepresidente galego insistiu en que o PP é "o que suma" en Galicia, e acerca deste asunto asegurou que non atopa "ningunha novidade".

Por último, cuestionado sobre se o actual presidente da Xunta é a mellor opción para as próximas eleccións, resolveu que é "un excelente candidato" que xa obtivo a maioría absoluta en tres ocasiones.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta