Feijóo mándalle un recado a Casado: “Fraga vería con desacougo desunir o que xa está unido”

Critica a C's e Vox; "en Galicia son testemuñais".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/09/2019 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Outra vez Manuel Fraga como figura recurrente dos grandes líderes do PP, especialmente, dos galegos. O que foi líder e fundador deste partido é unha das iconas máis importantes para os dirixentes do PPdeG, especialmente, para Alberto Núñez Feijóo, que madurou políticamente das mans de Fraga.

Alberto Núñez Feijóo con Manuel Fraga
Alberto Núñez Feijóo con Manuel Fraga | Fonte: xunta.gal

Por iso, novamente, Feijóo volveu a apelar a Fraga para mandar unha mensaxe aos novos dirixentes do PP de Madrid. “O presidente Fraga foi artífice de unir o centro dereita en Galicia e vería con desacougo desunir o que xa estaba unido”, dixo en alusión a posibilidade de que o PP se presente cunha marca electoral diferente, España Suma, ás eleccións xerais

“En Galicia (o centro dereita) permanece unido, levamos traballando desde hai moito tempo e por iso aquí non é necesario desunir o que xa está unido”, espeteu ao preguntarlle GC sobre unhas declaracións de Fraga no seu último goberno nas dicía que fuxía dos “experimentos con gaseosa”, en alusión a alianzas electorais.  

Feijóo mesmo foi máis lonxe ao descalificar a proposta da dirección do seu partido para Galicia. “De feito os resultados doutras forzas de centro dereita en Galicia son testemuñais”, dixo en alusión a C's ou Vox, coas que Pablo Casado pretende ir en coalición.

Por iso, insistiu en que o PP debe recuperar os dez millóns de votos que tivo para convertelo “no punto de encontro da maioría dos españois”. “A nivel de España tentar unir o que se desuniu me parece correcto e a nivel de Galicia o punto de encontro do centro dereita é o PPdeG. E así seguiremos”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Xaquín

Si don Manuel Fraga levantara la cabeza y viera en que ha convertido el progre Núñez Feijóo al antaño respetable PP, le daba un síncope al observar que este partido está ahora poblado de inútiles jesusitos y elenitas que lo han reducido a la marginalidad política donde antes era la primera fuerza.

2 Gamela

Grupo Mixto (4 En Marea) http://www.parlamentodegalicia.es/C... Grupo Común da Esquerda (10 escisión En Marea) http://www.parlamentodegalicia.es/C... Grupo BNG (6) http://www.parlamentodegalicia.es/C... MIXTO (4) + GCE (10) + BNG (6) = TOTAL 20 Se sumamos PP (41) + PSOE (14) = TOTAL 55 As cousas claras e o chocolate ESPESO !

1 Gamela

A esqueda debera tomar NOTA se non quere seguir a facer o RIDÍCULO !!! E supoño que cando falamos de esquerda deberamos ter claro que falamos de BNG + EU + ANOVA + CERNA + ANTICAPITALISTAS + EQUO + EN MAREA pero non podemos seguir a pensar que unha cousa chamada PSdG ten algo que ver coa esquerda real !!! De mostra chega esta VERGOÑA https://elpais.com/sociedad/2019/09...