Ramón Grosfoguel, sociólogo: "Beiras subordinou a esquerda nacionalista galega á esquerda españolista"

O sociólogo da Universidade de California en Berkeley acusa ao fundador de Anova de organizar un proxecto "fracasado" con En Marea que "asumiu, lamentablemente, posicións moi colonialistas", supeditándose aos ditames de Podemos.

Por Galicia Confidencial | California | 13/09/2019 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Ramón Grosfoguel (Puerto Rico, 1956) é un sociólogo pertencente ao Grupo modernidade/colonialidade (Grupo M/C) da Universidade de California en Berkeley. Define o seu pensamiento como pertencente á corrente decolonial, superadora da corrente poscolonial. Nunha entrevista co doutor Abraham Ramírez, do Departamento de Estudos Étnicos e do Programa de Teoría Crítica de Berkeley, Grosfoguel carga contra Xosé Manuel Beiras, Anova e En Marea pola súa "subordinación á esquerda españolista" que representa Podemos.

Ramón Grosfoguel
Ramón Grosfoguel | Fonte: Abraham Ramírez.

"Na esquerda das nacións sen Estado hai certas correntes que tenden a subordinarse dun xeito colonial á esquerda españolista. No caso de Galicia, para min a corrente que máis fortemente representa esta tendencia é Xosé Manuel Beiras", introduce o sociólogo.

Grosfoguel lembra que "Beiras fixo unha ruptura co BNG" e "tentou organizar un proxecto político propio de alianza coa esquerda españolista". Un proxecto que o sociólogo considera "fracasado", nun proceso de transformación que se iniciou con Anova, logo con Alternativa Galega de Esquerda e, finalmente, con En Marea.

O pensador portorriqueño recoñece o labor de Beiras durante anos como faro intelectual do nacionalismo galego, cando liderou o BNG, mais considera que na súa última etapa política "asumiu, lamentablemente, posicións moi colonialistas".

É por isto que Grosfoguel fala do 'beirismo" como "unha corrente ideolóxica, máis que como unha ideoloxía" que "se subordina á esquerda españolista", en referencia a Podemos.

"O 'beirismo'", prosegue, "é unha forma de subordinación colinialista á esquerda españolista". Grosfoguel xustifica esta definición no feito de que no proxecto político impulsado por Beiras, "Galicia perdeu autonomía, pensamento propio" e o "proxecto político propio de Galicia quedou subordinado á axenda política de Madrid, a axenda de Podemos".

Apunta, ademais, que foi Beiras quen "deu alento e aire" a Podemos para acadar representación política en Galicia, logo do cal, prosegue, a esquerda españolista "deu a patada a Anova e a toda esa xente que se achegou do soberanismo". Algo que quedou manifestamente probado cando "Anova quedou fóra de Unidas Podemos". Grosfoguel lembra, por exemplo, como os deputados de En Marea no Congreso, agás Alexandra Fernández (Anova), acataron as ordes de Pablo Iglesias para votar a prol duns orzamentos do Estado que prexudicaban a Galicia. O seguinte paso, recorda Grosfoguel, foi deixar "fóra" das candidaturas de En Marea a Anova para as eleccións xerais de primavera, ao ofrecerlles un "espazo indigno" no proxecto, con postos irrelevantes nas listas.

Para Grosfoguel, isto "demostra que á esquerda españolista non lle interesa a axenda de Galicia.

"BEIRISMO CON BEIRAS E BEIRISMO SEN BEIRAS"

Grosfoguel fai unha distinción entre o que é o "'beirismo' con Beiras e o 'beirismo' sen Beiras", xa que esa "subordinación colonialista á esquerda españolista existe con Beiras e existe outro sector que fai o mesmo, pero sen Beiras" e que "se subordinou dunha maneiras vergoñenta, negando a súa propia soberanía e a axenda de proxecto de país e subordinándose aos ditames de Madrid, de Unidos Podemos".

Nese sector sitúa a Luís Villares e os seus, xa que entende que "seguen sendo 'beiristas' sen Beiras" e aos que acusa de seguir subordinándose á esquerda española, neste caso buscando "negociacións co partido de Íñigo Errejón", tras a súa saída de Podemos.

Ante unha situación do 'beirismo' que cualifica de "crise terminal", Grosfoguel cre que estamos nun "momento de oportunidade para o nacionalismo galego". "Entramos nun ciclo no que o soberanismo galego ten unha grande oportunidade de crecemento e de crear un impacto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

10 Bernal Calvo Delaciga

Este señor non é ninguén. E non nos pode traer as receitas miragreiras do independentismo de Puerto Rico, que cada vez ten menos seguidores. Pero chegou un día a Galiza da man de La Voz e atopou o filón de atacar Anova/Beiras, e con iso xa ten garantizado que lle paguen os cubatas tanto os de Sabón coma os sipaios do BNG/CausaGz. Que lle aproveite.

1 Cho vi ti to

Que tal ChoChovi, canto tempo!!

2 Sentidiño

Non che quero faltar, xúroo, mais... a qué grupúsculo popular de Xudea pode pertencer alguén que chama a Causa Galiza "sipaios"? Ou es un incoherente, ou es un cómico.

9 Desfeita

Por outra banda, esquece mencionar outra dependencia colonial: a da totalidade do nacionalismo galego (BNG incluído) a respeito do catalán e/ou o vasco. Hai que estar cego (ou moi acomplexado e arelando aceptación) para non se decatar de que os galegos son ninguneados por eses dous excepto cando lles fan falta de comparsas. Que diferenza hai entre crer que precisamos a esquerda española para liberarnos, ou crer que precisamos a solidariedade dos cataláns para o mesmo? Alguén cre de veras que una Cataluña independente -cuxo principal socio comercial seguiría a ser España- ía devolver o favor a quen consideran parte da España cotrosa da que se senten superiores? A única maneira de acadarmos respeito é seguir a nosa propia vía.

8 Desfeita

Aínda que concordo con moito do que di (a estratexia de confluencia coa esquerda española foi errada; Villares representa o beirismo sen Beiras; o achegamento de En Marea a Errejón sería outro erro), o xeito en que o expresa non ten nada de obxectividade académica: Beiras malo, BNG bo, etc. Terá a ver co feito de este profesor ser convidado asiduo do BNG? Outros (precisamente de Podemos) aínda están pagando o prezo de ser tan agradecidos con quen lles pagaba as estadías en Venezuela.

7 CELIA

Pero iso é unha obviedade, ten mais credibilidade q o diga un sociólogo, a pouco q un pense ben se sabe q Podemos non ten nada q ver co BNG.Xosé Manuel Beiras, un líder carismático q tardará en ter sucesor comparable, pero os galegos queren q lles manden desde Madrid, falta autoestima secular.

1 O que queda do BNG

Pero o PSOE leva 40 anos mandando no BNG, e todo ben, va que si?

6 Coruñés

Cada uno puede vender el producto que quiera, estamos en "libre mercado" tu nacionalista pues vale, tú estatalista pues vale.....Lo que no vale es vender pimientos de marruecos como de Padrón. Pecadillo que una cantidad grande de gallegos (Beiras incluido) hicieron! Que ya no crees que el nacionalismo por sí pueda librar un País, genial! es tu opinión, pero no lo vendas (quizás por complejo de culpa?) como proyecto nacionalista cuando no lo es. Es lo que es, tan respetable, o no, como cualquier otra opción.