Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2019 | Actualizada ás 19:04
O xulgado do social da Coruña deulle a razón a unha traballadora auxiliar do servizo de axuda a domicilio do Concello de Vilasantar, e declarou nulo o seu despedimento por "unha dobre discriminación".
En concreto, segundo informa a CIG, a traballadora foi diagnosticada cunha enfermidade que lle dificultaba a realización dos traballos para os que foi contratada en 2008, o que lle obrigou a collerse baixa laboral en distintas ocasións e a incapacidade permanente con reserva de posto de traballo en 2014.
O INSS revisou a incapacidade en 2017 e emitiu alta, aínda que o Goberno local se negou a reincorporala ao posto sen facilitarlle ningunha outra alternativa. Tras denunciar o caso á Inspección de Traballo, a empregada foi despedida.
En concreto, tras esta medida ven indicios de vulneración de dereito fundamental de non discriminación por discapacidade e do dereito á tutela xudicial efectiva.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.