En Marea aposta por unha alianza de forzas progresistas galegas para as Xerais

Iniciará unha rolda de contactos con BNG, Anova e CxG para tentar acadar unha lista conxunta. Aposta tamén por tecer alianzas con outras forzas nacionalistas ou rexionalistas progresistas do estado, entre as que estarían, Más Madrid, de Íñigo Errejón, Compromís, e outras forzas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2019 | Actualizada ás 22:07

Comparte esta noticia

A formación En Marea presentarase ás próximas eleccións xerais do 10 de novembro. Un anuncio que fixo este sábado cun chamamento a todas as forzas políticas progresistas galegas, entre as que están o BNG, Anova e Compromiso por Galicia (CxG), para crear unha "candidatura única" que facilite un goberno de esquerdas e faga fronte ás "principais emerxencias que vive Galicia".Deste xeito, é a primeira forza de ámbito galego que fai esta oferta ao resto de partidos nacionalistas e galeguistas.

Rolda de prensa do portavoz de En Marea, Luís Villares. EN MAREA
Rolda de prensa do portavoz de En Marea, Luís Villares. EN MAREA | Fonte: Europa Press

Despois da ruptura do partido instrumental En Marea, no que se agrupaban Podemos Galicia, Esquerda Unida e Anova maioritariamente, e co que se presentaron ás eleccións xerais de 2015 e 2016, pero non as xerais deste ano; agora o portavoz do partido En Marea, Luís Villares, apela a crear unha "unha alianza política galega".

A decisión de participar nestes novos comicios responde á "decepción provocada polas dúas forzas políticas responsables de non chegar a un acordo para gobernar, PSOE e Podemos", explicou Villares este sábado.

Desde a súa posición, a agrupación entende que "hai moitas persoas reformulándose o seu voto". Por iso anuncian a súa intención de presentarse como "resposta ao desencanto" dos votantes da esquerda, evitar o "abstencionismo" e contribuír a fomentar a participación electoral da forma máis ilusionante posible". E neste obxectivo queren contar tamén co resto de forzas progresistas galegas.

O seu obxectivo, tal e como suliñou Villares, é "colocar a Galicia na primeira fila do discurso político". "Este é un desexo compartido por outras formacións", dixo. Por este motivo fixo un chamamento a constituír unha forza conxunta que permita configurar "unha papeleta de voto que garanta a representación directa de cidadanía galega nas Cortes do Estado".

COOPERACIÓN CON OUTRAS FORZAS

Ao mesmo tempo, o consello do partido tamén decidiu abrirse a "cooperar con forzas doutros espazos nacionais" para responder o "malestar que provoca" a repetición electoral e tendo como "punto de partida" o carácter "progresista" e as "respectivas axendas políticas nacionais".

Neste sentido, cabe lembrar que En Marea xa se presentou ás eleccións europeas nunha candidatura conxunta na que estaban outros partidos do Estado como Compromís. Esta alianza tamén sería extendible á candidatura de Más Madrid, de Íñigo Errejón, se decide presentarse, así como a outras como a Chunta Aragonesista ou Adelante Andalucía, no caso de que se separe de Podemos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 Carolina M.

En Galiza hai PP, PsoE, BNG e unha chea de microsectas antiBNG. Agora con Errejón as microsectas teñen un lider ó que voltar a venderlle o país. Máis Madrillegos.

1 anonimo

pero que importantes vos creedes os do BNG. Non hai microsectas anti-bng, hai galeguistas que non son do BNG e que teñen que seguir a traballar no proxecto no que crean e mais nada.

2 Esperantista

Na Galiza só hai PP e PsoE. O resto (Ciudadanos, Podemos, BNG, PcE, Anova) son marcas brancas e franquías dos grandes para recadar votos para os amos do sistema (que son os mesmos no PP e PsoE). Está por nacer unha forza galega autónoma e independiente, non sometida a España nin vendida aos intereses do mercado.

7 Per

Si se fixeran unhas primarias sairian as cabezas de listas de xente do Bng e os mareantes nonos votarian, ou sexa as pretendidas sumas as veces restan, existe moito odio ao Bng entre o esquerdismo españolista.

1 asarboresdafraga

Que magoa non mirarse no espello. Eso da viceversa so é para os outros. Canto siareiro "Cheo de razóns" e carente de ver máis aló das cores da súa equipa.

6 asarboresdafraga

A reflexión parece unha cousa vetada aos siareiros e non digo nada cando estes teñen unha equipa que na vez de estar en postos de descenso está na zona baixa da taboa rozando o de entrar ou voltar a quedar sen representación. Cando os da outra equipa se atopaban "sabraos", eles coa tactica da resistencia e con aquela máxima de por favor "non nos quiten o pouco que nos queda" e os outros "chulitos" facendo unha fatal administración dos reditos acadados. Pero eso non importa aquí o que importa é que a miña marca quede por enriba e os demáis veñan a miña porta de xeonllos. Todos moi contentos cun diputadiño ou co 7% dos votos pero traballar por unha opción que mereza o apoio das maiorias sociais galegas eso deixamosllo para os outros que así están encantados de seguir o seu mangoneo outros 40 anos máis. Animo e seguido así que os feijoos, caballeros nas súas diferentes ramas siguen aplauidindo as vosas "reflexións".

5 ReBBoiras

Villares, pra eso xa está o BNG. Pedide o carnet do bloque e poñédevos ó fondo, caladiños e sen enlear. Ou xuntádevos todos outra vez co Iglesias e voltade a vender Galiza ós madrileños.

1 Roxalia

A única organización nacionalista que vendeu Galiza aos madrileños foi o BNG nos tempos do bipartito: Reganoxo, Carrumeiro, Massó...Tal foi así que o pobo se tivo que organizar nunha rede chamada Galiza Non Se Vende.

4 Desfeita

Ben por En Marea!! Pode que En Marea e CxG por separado non acaden moitos votos, mais o BNG non debería ignorar o potencial sinérxico dunha lista única de partidos galegos. Nas españolas superaría Podemos, e nas galegas mesmo podería sobardar un PSdeG como acotío sen personalidade propia. De Anova non falo, a única razón para seguir militando nese partido é odiar o BNG (e conste que non son, fun nin vou ser militante do Bloque).

1 Xanc

Concordo 100% co teu comentario. Creo que sería unha candidatura moi potente. Dous peros: creo que a marca En Marea agora resta e a marca BNG agora suma. O nome é moi importante. Algo coma BNG-Adiante (incluindo a CxG, galeguistas sen carné, etc) ou BNG- Unidade Galega ou BNG - Somos Galicia, non só sumaría, multiplicaría. Outro pero: non entendo a necesidade de pactar con Errejón. Errejón nunca defendeu o dereito de autodeterminación, dixo que lle encanta ver a rojigualda colgada nos balcóns, é máis centralista que Pablo Iglesias. As colaboracións vin Compromís ou Chunta son moi razoables (cos 2os o Bloque xa ten colaborado, non creo que fose impedimento).