A Xunta ratifica que formalizará este ano a candidatura da Ribeira Sacra a reserva da biosfera

A candidatura será presentada ante a Secretaría do Comité español do Programa MAB, co obxectivo de obter a declaración definitiva en 2021.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2019 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, comunicou este martes aos membros do Comtié Español do Programa MAB da Unesco a súa intención de formalizar antes de que termine o ano a candidatura oficial para que a Ribeira Sacra se converta na sétima reserva da biosfera de Galicia .

Vendima en Ribeira Sacra
Vendima en Ribeira Sacra | Fonte: Arquivo

En concreto, a formalización da proposta da reserva da biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel producirase unha vez que se conclúan os informes derivados do proceso de información pública, que se abriu o pasado 9 de agosto e xa está pechado.

En todo caso, a Xunta ratificou que este trámite "avanza a bo ritmo", polo que "este mesmo ano" a Xunta presentará a candidatura ante a Secretaría do Comité español do Programa MAB, co obxectivo de obter a súa declaración definitiva no ano 2021.

Para a Xunta, tal e como subliñou a directora xeral, trátase dunha "proposta sólida", avalada por "un gran consenso por parte dos distintos axentes implicados" e que aglutina un total de 23 concellos de Lugo e de Ourense, cun "alto valor paisaxístico e cultural en común, unidos pola súa aposta por un desenvolvemento sustentable baseado nas prácticas tradicionais".

ALEGACIÓNS RECIBIDAS

O pasado mes de agosto, a Xunta fixo en Pantón a presentación oficial da candidatura coa que o espazo conformado pola Ribeira Sacra e as serras de Oribio e Courel aspiran a conseguir este recoñecemento de carácter internacional, xestionado e concedido pola Unesco.

O documento que avala a candidatura foi sometido a información pública durante un mes, período no cal as persoas e entidades interesadas puideron facer as súas achegas ao texto orixinal. En total, recibíronse dúas alegacións, que están a ser analizadas pola Consellería co fin de valorar posibles melloras ou modificacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta