Por Galicia Confidencial | Ourense | 30/09/2019 | Actualizada ás 09:00
Integrantes de Adega Ourense realizaron esta fin de semana unha recollida de lixo ao carón das vías do tren den Vendanova, no Concello de Amoeiro. Alí encheron ata dous colectores do lixo e deixaron outro material para se sexa recollido por Renfe.
Entre os desperdicios atopados estaban moitas botellas de cristal, ata catro rodas de coches, parachoques, uralitas, tubaxes, plásticos, roupas, zocos, cemento, ferros, unha neveira e ata un televisor.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.