Carolina Bescansa: "Se nós non deramos este paso, unha parte importante do voto progresista absteríase"

A cabeza de lista de Más País pola Coruña participou nunha entrevista realizada por alumnado de Xornalismo na USC. A candidata explicou os puntos estratéxicos do partido en Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPSOTELA | 11/10/2019 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

A cabeza de lista da candidatura pola Coruña de Más País, Carolina Bescansa, afirmou este venres que o partido de Íñigo Errejón irrumpe no panorama político por unha "decisión de responsabilidade": "se nós non deramos este paso, unha parte importante do voto progresista absteríase", comenta Bescansa. Deste xeito, preséntanse como unha "proposta contra esa abstencións" e "para garantir un goberno de progreso". 

Carolina Bescansa, na Facultade de Ciencias da Comunicación (USC)
Carolina Bescansa, na Facultade de Ciencias da Comunicación (USC)

Bescansa participou na mañá deste venres nunha entrevista realizada por alumnado de Xornalismo e celebrada na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. A candidata aproveitou esta ocasión para defender a universidade pública e recoñecer "os esforzos que fai o profesorado" a prol desta defensa. Cualificou o labor destes profesionais como un "exercicio de xenerosidade" por explicar na práctica como é que funciona o Xornalismo e a Televisión. 

Explicou, ademais, que as liñas estratéxicas do partido en Galicia versarán sobre catro eixos: o gran acordo verde e ecolóxico para a transición enerxética, a loita contra o machismo, a fronte contra a emerxencia medioambiental e a transformación do mercado de traballo vinculado á transición enerxética e a derrrogación da reforma laboral. O obxectivo, segundo di, é "poñer fin á gran marea de rapaces e rapazas que seguen saíndo do país".

"Agradecida" pola acollida, Bescansa afirmou perante os medios neste primeiro acto de toma de contacto que comezarán a campaña presentando o "gran acordo verde", eixe programático de Más País, que aposta por unha "visión integral" cara a transición enerxética e do modelo produtivo.

Respecto da proposta de Rivera a Sánchez e a Casado de pactar certas reformas de Estado por escrito antes das Eleccións, Carolina Bescansa pregúntase "por que son posibles agora cousas que non foron posibles no pasado". Considera, ademais, que ata que non aclaren como se constrúe un goberno, falar de políticas concretas é "unha tomadura de pelo". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

6 Pitito

Vaia analises politicos os da peña!!! Rigorosos, sen dúbida

5 nostrus

Lo que yo no comprendo es porque se autodenominan progresistas cuando sus ideas son todo lo contrario. No se fomenta ni se premia el esfuerzo y su ideario se basa en acaparar por parte del estado el tejido productivo y empresarial, creando paro y desincetivar la iniciativa de las personas, convirtiendo a las personas como habitantes de una granja en la que el propietario (el estado) nos cuide y nos proteja y asi decida en nuestras vidas sin dejar que el individuo disfruta de su libertad para hacer lo que le de la gana con tal de respetar a los demas.

4 Gamela

O tempo pasa moi a présa e xa case ninguén lembra o traballo ben feito ... Se no Estado esto rematou co goberno de Rajoy, lamentablemente as autonomías seguen blindadas e roubando o que lles peta sen que ninguén poda pedir unha Comisión de Investigación coma fixo Bescansa... http://www.congreso.es/wc/wc/audiov...,%20Carolina(GCUP-EC-EM)

3 Ideas de Bombero

En Madrid serviu para darlle o goberno á dereita!!! Bravo Bravo! Cantas mais ideas de bombeiro teñades..... e a única proposta que levo escoitado é a de reducir a xornada de traballo a 4 días.... ....máis ideas de bombero!!! Con todo o meu respeto a Bescansa.....non vexo que este partido nos aporte nada ós galegos. Bescansa xa estivo no Parlamento.....e canto defendeu a Galicia....NADA!!! Pois o dito....sorte!

2 Próculo

Na mellor tradicion cuneira!

1 Roxalia

Bescansa terá moitos defectos, pero cunera non é. É de Compostela e preséntase pola súa provincia. Cunera é, por exemplo, Pontón, que sendo de Sarria (Lugo), sempre se presenta pola Coruña.

2 sermos mantidos

Roxa, non nos líes con parvoicies! Bescansa leva asentada en Madrid décadas (por traballadora e por vocación, é galega como Fraga e Raxoi, cando lle convén, pois nada disimula que é centralista), a Pontón o mesmo en Compostela (pola mamadurria do Partido na que é profesional da política), e para cunera total está o caso da Yolanda por Pontevedra. Tres exemplos de casta política polos que nunca debemos confiar no BNG, en Más País (España) e nas Unidas-Podemos. Van de alternativas e son cómplices do sistema!

3 Gustavo

É "cunera" coa atenuante de ser compostelá, pero a efectos políticos reais, "cunera" total. E uso o termo en español, porque en galego non creo que sexa "cuneiro"*, xa que ten relación coa "cuna" ou berce, seguramente aludindo aos nenos "cuneros" ou expósitos que eran abandoados, e facendo analoxía dalgún xeito cos candidatos presentados por distritos cos que non tiñan relación.

4 Sentidiño

Roxalia, o do cuneirismo non o tes moi claro: Mírao no dicionario. Feixóo é do lado ourensao dos Peares, e vai pola provincia na que está empadroado. O mesmo Ana Pontón.

5 Sentidiño

Bescansa está no censo de Madrid, porque vive e traballa en Madrid: se se presenta pola Coruña é cuneira. "Mundo" Viejo vive e traballa en Barcelona, foi parlamentario e concelleiro alí: se se presenta por Pontevedra (só porque naceu en Vigo) é cuneiro.

6 Bernal Calvo Delaciga

Según a "lóxica" dos que reparten carnés de galeguidade, "cunero" é todo o mundo menos os do BNG: os "auténticos galegos de pura raza". Se marchas fóra de Galiza, algo que por desgraza ten que facer moita xente, perdes a túa condición de "galego auténtico".