Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2019 | Actualizada ás 13:09
O líder de Más País, Íñigo Errejón, viaxará este venres a Galicia para arroupar nun mitin na Coruña á cabeza de lista por esa provincia e referente do proxecto na comunidade, Carolina Bescansa, segundo confirmaron a Europa Press fontes de Más País.
O acto terá lugar na tarde do venres na Fundación Once da cidade herculina e espérase que, ademais de Errejón e Bescansa, participen outros membros do proxecto político que nestas eleccións xerais salta da política madrileña á estatal.
Así, Errejón volve a Galicia para participar nun mitin tres anos despois de facelo durante a campaña electoral das autonómicas de 2016, cando estivo xunto ao entón candidato de En Marea, Luís Villares, nun acto en Pontevedra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.