Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/10/2019 | Actualizada ás 18:53
A Universidade da Coruña (UDC) aprobou este mércores o 'Protocolo de actuación ante situacións de acoso sexual, por razón de sexo, por orientación sexual e identidade ou expresión de xénero na UDC".
Este protocolo presenta unha revisión con respecto ao xa existente na UDC para incluír os casos de discriminación ou intimidación a peronas por razón de identidade ou orientación sexual e evitar comportamentos de sexismo, homofobia, lesbofobia, bifobia, interfobia ou transfobia.
Por outra banda, a UDC celebrará o 4 de decembro as eleccións a reitor, segundo informou o máximo responsable da institución universitaria, Julio Abalde, no Consello de Goberno celebrado este mércores.
O reitor explicou que o 4 de novembro iniciarase o proceso coa convocatoria das eleccións. Ademais deste asunto, avanzou tamén que a Xunta de Galicia informará, na sesión do Consello Galego de Universidades de decembro, da desascripción da Escola Universitaria de Turismo da UDC, dando continuidade ao procedemento que lle permitirá ofrecer este grao como título oficial público, segundo informa o reitorado coruñés.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.