Bescansa anima a votar aos indecisos, que calcula entre un 20% e un 30%

A candidata de Más País ao Congreso pola Coruña pide un cambio na orientación do voto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2019 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

A candidata de Más País ao Congreso pola Coruña, Carolina Bescansa, está convencida de que "entre o 20 e o 30 por cento" da poboación "aínda non decidiu o seu voto", farano en "esta semana decisiva" na que animou "a cambiar" para que "as cousas cambien".

Carolina Bescansa e Íñigo Errejón
Carolina Bescansa e Íñigo Errejón | Fonte: Más País.

Este domingo algunhas sondaxes sobre o 10N auguraron que o partido de Íñigo Errejón quedará sen representación por Galicia na Cámara Baixa. Antes estas proxeccións, Bescansa asegurou que "queda moita xente por definir o seu voto", aínda que "as tendencias están aí".

Así o manifestou este domingo en Santiago. Para ela "o camiño que resta de final de campaña" resultará "decisivo". Da mesma maneira que ocorreu "os últimos anos", nos que "parte da poboación decide o voto ao final".

"Se queremos que as cousas cambien, temos que facelo" o mesmo día das eleccións, apuntou Bescansa.

Ao mesmo tempo, tamén fixo un chamamento para que "millóns de persoas" opten por "cambiar o seu voto", algo que "decidirán o mesmo día das eleccións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta