Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/11/2019 | Actualizada ás 09:00
España enfronta o próximo domingo, 10 de novembro, as eleccións xerais máis incertas e divididas desde a volta da democracia. Estes comicios presentánse como unha grande incógnita, tras a anomalía que se vén vivindo desde 2015, sendo estas as cuartas eleccións xerais en catro anos e as segundas en 2019, pola situación de ingorbenabilidade e a cada vez maior fragmentación política no Congreso dos Deputados.
Dáse por feito que a situación se repetirá e que o que está en xogo é quen se impón entre os dous bloques ideolóxicos principais, esquerda vs dereita, cos partidos nacionalistas e rexionalistas como posibles 'árbitros', ante a posible falta de maiorías.
Os resultados tamén son unha incógnita en Galicia, onde as enquisas sinalan que PSOE e PP se xogan o primeiro posto —logo da histórica vitoria socialista en territorio galego nas pasadas eleccións de abril—.
Pola parte de abaixo, hai grande expectación por ver se En Común-Unidas Podemos repite, mellora ou empeora os resultados, se irrompe Más País (formación liderada por ex-dirixentes de Podemos, con Íñigo Errejón á cabeza), se o BNG é quen de volver ao Congreso, logo de catro anos fóra das Cortes, se se confirma a caída de Ciudadanos que vaticinan algúns ou se o partido de ultradereita Vox consegue, por primeira vez, algún respresentante por Galicia.
En base ás enquisas, GC pregunta aos lectores quen cren que será o partido gañador en Galicia (PSOE ou PP) e cal será a terceira forza más votada o próximo 10 de novembro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.