Por E.P. | OURENSE | 08/11/2019 | Actualizada ás 09:57
Un golpe cunhas pedras de grandes dimensións no termo municipal de Rubiá (Ourense) causou unha avaría nun tren que cubría a ruta entre Madrid e Ferrol e que lle impediu continuar a marcha ao provocar un atraso dunhas dúas horas.
Así o informou o 112 Galicia, que destacou que ningunha das persoas que viaxaba no tren resultou ferida. Debido á avaría, a pasaxe esperou no apeadeiro da parroquia de Covas a chegada doutra locomotora, para finalizar o traxecto.
Os feitos sucederon preto do punto quilométrico 275,300 da liña férrea, en Covas, sobre as 5,35 horas deste venres. Foi o persoal de Renfe quen alertou do ocorrido ao 112 Galicia e indicou, ademais, que, a causa do impacto, o tren podía verter aceite nun río próximo.
Por iso, por parte do CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil e dos Bombeiros e GES de Valdeorras. Finalmente descartouse a súa intervención ao confirmar Adif que non existía risco de filtración ao río, sinalaron as mesmas fontes.
Fontes de Renfe explicaron a Europa Press que se tratou do tren hotel procedente de Madrid con destino A Coruña e Vigo, con 58 pasaxeiros a bordo que están todos ben. Tras arroiar unhas pedras tivo unhas "dúas horas de atraso" e, unha vez liquidada a incidencia, o tráfico ferroviario circula con "normalidade" pola zona.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.