Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2019 | Actualizada ás 14:14
Este luns comezará en Galicia unha campaña especial da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) para vixiar as condicións nas que se atopan os vehículos e comprobar que cumpran coa lexislación vixente.
Nos controis comprobarase que o mantemento e as condicións do sistema de seguridade son as adecuadas. Durarán toda a semana e avisarase aos condutores mediante "os paneis de sinalización variable e as pantallas afanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil", segundo informou a Delegación de Goberno.
Galicia rexistra un envellecemento dos turismos, sendo a media actual superior aos 10 anos. Isto supón un risco por ter uns sistemas de seguridade obsoletos e presentar problemas polo uso prolongado.
Os datos da DXT mostran que en seis de cada 10 accidentes que se produciron na Comunidade galega o ano pasado había vehículos implicados de máis unha década de antigüidade. Ademais, o risco de morte ou de ser ferido grave é o dobre cando os automóbiles teñen de 10 a 15 anos.
Así, Tráfico insiste en ter un adecuado mantemento do vehículo e lembra que se debe comprobar regularmente o estado dos pneumáticos, as placas de matrícula e a iluminación e a sinalización.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.