O Gaiás xa acolle o Códice Calixtino e o Cancionero da Biblioteca Vaticana para a súa exhibición a partir do venres

A exposición acolle tamén o Liber Sancti Iacobi da Universidade de Salamanca, polo que nos próximos meses a cidade de Compostela reunirá tres "calixtinos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2019 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

O Códice Calixtino e o Candionero da Biblioteca Vaticana ocupan xa as súas vitrinas do Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura, onde serán exhibidos a partir deste venres, día 15 de novembro, con motivo da mostra 'Galicia, un relato non mundo.

A exposición, que será inaugurada oficialmente este xoves, será a primeira mostra internacional da Xunta con motivo do Xacobeo 2021 e poderase visitar gratis a partir deste venres e ata o 12 de abril de 2020.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu este mércores á instalación en sala destas dúas pezas. Un acto no que tamén estiveron presentes o secretario do Arcebispado de Santiago, Manuel Jesús Formoso; o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo; e o comisario da mostra, Manuel Gago, entre outros.

Diso informou a Xunta nun comunicado, no que destaca que a exposición acolle tamén o Liber Sancti Iacobi da Universidade de Salamanca, polo que nos próximos meses a cidade de Compostela reunirá tres "calixtinos".

Gaiás
Gaiás

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Sentidiño

Non me expliquei de abondo: non son tres "calixtinos", senón tres "Libri Sancti Iacobi". Saúdos.

2 Sentidiño

Serán os anos, pero eu de Galicia no Tempo (1992?) gardo bo recordo. O titular é algo confuso: o "Cancioneiro (non "Cancionero") da Vaticana" é unha xoia da poesía medieval (non só lírica, tamén satírica); o Liber Sancti Iacobi da Vaticana, como o de Salamanca, son versións do mesmo libro contido no Códice Calixtino (que é anterior e máis complexo). Na exposición tamén vai estar o "Lebor Gabála Érenn", así que non todo vai de curas...

1 Piluca

Tes razón. O "Libro das Invasións" non foi feito por curas, foi feito no Mosteiro de Terriglass baixo a dirección de Mac Goreman, Bispo de Kildare...

1 Minhoka

"Galicia no Temp(l)o, 2" (os que teñan algúns aniños pillarano...).