Por GC Emprende | A Coruña | 18/11/2019 | Actualizada ás 21:00
O programa de bolsas Digitalent ofrece ás empresas tecnolóxicas a posibilidade de acoller bolseiros de último curso de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura para cubrir vacantes.
Nun comunicado, a Fundación Empresa - Universidade Galega explicou que o obxectivo desta iniciativa é facilitar a incorporación de perfís non tecnolóxicos ao sector TIC.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre a convocatoria para adherirse ao programa de bolsas Digitalent, do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, que busca facilitar a hibridación entre o sector TIC e os perfís non dixitais.
As empresas interesadas en acollerse a este programa poden presentar as súas solicitudes así como as súas preferencias en canto ás áreas de coñecemento ou titulacións dos bolseiros en función das súas necesidades ata o 20 de novembro.
Segundo indicou Feuga, as empresas colaboradoras deberán ter experiencia en proxectos relacionados con tendencias tecnolóxicas emerxentes tales como big data, tecnoloxías móbiles, deseño de servizos e aplicacións cloud, entre outras.
O prazo finalizará o 20 de novembro e, unha vez avaliadas todas as solicitudes, publicarase a lista de entidades colaboradoras que finalmente recibirán aos bolseiros para a realización das prácticas formativas.
CONVOCATORIA A ESTUDANTES
O programa oferta un total de 50 prazas destinadas a estudantes dos últimos cursos de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura.
No mes de xaneiro, unha vez seleccionadas as entidades colaboradoras, publicarase unha convocatoria dirixida a estudantes matriculados en calquera do tres universidades galegas menores.
Deberán ser menores de 31 anos e que ter superado o 75% dos créditos e menos do 100%, para que poidan presentar as súas candidaturas para participar no programa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.