San Xoán de Río súmase á iniciativa europea 'living-in.eu'

San Xoán de Río é a primeira administración galega en entrar, unha das 40 españolas e unha das 200 europeas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 09/02/2025 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Na súa aposta pola dixitalización e as novas tecnoloxías, o Concello de San Xoán de Río vén de incorporarse a unha rede europea que busca potenciar  a colaboración e apoio nos procesos de transición dixital.

San Xoán de Río. Foto: XMF
San Xoán de Río. Foto: XMF

En España nesta rede está a FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), as comunidades autónomas de Murcia e Valencia, a Deputación de Alicante, e cidades como Madrid, Barcelona, Valencia, Zaragoza, Logroño, Bilbao, Santander e Gijón. En Galicia, o concello ourensán é, polo momento, a única administracion adherida.

LIVING-IN-EU

A iniciativa Living-in.eu ten como obxectivo principal apoiar ás entidades rexionais e locais no proceso da transición dixital. Neste sentido, as entidades que decidan unirse á iniciativa e subscribir a súa declaración terán acceso a unha serie de recursos encamiñados a facilitar a consecución dos obxectivos en materia de adaptación dixital da administración, tales como: asesoramento legal,  sistemas tecnolóxicos de utilidade en diversos eidos, plataforma de avaliación da preparación tecnolóxica (LORDIMAS), guías sobre Intelixencia Artificial, foros e talleres de intercambio de experiencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta