A Estratexia Galega de Economía Social pretende xerar 3.000 empregos e 300 novas entidades en dous anos

Covadonga Toca destacou esta aposta da Xunta na inauguración dun congreso sobre valor social e desenvolvemento sustentable organizado por COGAMI.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2019 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

A Estratexia Galega de Economía Social pretende dotar Galicia de 3.000 novos empregos e crear 300 novas entidades nos próximos dous anos, ata 2021.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, destacou esta aposta da Xunta este xoves, na inauguración dun congreso sobre valor social e desenvolvemento sustentable organizado pola Confederación galega de persoas con discapacidade (Cogami).

Desde esta organización, o seu presidente, Anxo Queiruga, destacou que tras un estudo en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) sobre o valor económico e achegue social de entidades como a súa, determinouse que "por cada euro que recibe Cogami da Administración, devolve preto de catro".

Pola súa banda, Toca centrouse noutros asuntos e apuntou ao poder que ten a economía social, circular, colaborativa e tamén denominada solidaria, para achegar "beneficios ambientais" e "postos de traballo" que promoven a "inserción laboral das persoas con capacidades diferentes en distintos procesos ou cadeas de valor".

Para conseguilo, a secretaria xeral lembrou as 25 medidas que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo impulsará ata 2021 dentro da Estratexia Galega de Economía Social, que ten o obxectivo de dotar o sector da relevancia que merece polas súas achegas á sociedade.

Ademais, a responsable de Emprego tamén destacou "o compromiso da Xunta co desenvolvemento sustentable", que se evidencia en "as 30 medidas ata 2021" encadradas dentro da Estratexia de Responsabilidade Social Empresarial. Desta maneira, xerarase "traballo de calidade" e "unha Comunidade máis igualitaria e competitiva".

Congreso sobre o valor social e o desarrolo sustentable en Santiago. XUNTA
Congreso sobre o valor social e o desarrolo sustentable en Santiago. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta