Cal foi o papel de Antonio Fraguas na cultura galega

A RAG inaugura un simposio sobre o historiador e etnógrafo que profunda na súa achega á cultura galega.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/11/2019 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) acolle un simposio sobre Antonio Fraguas, que profunda na súa achega na cultura galega. Trátase da primeira das tres xornadas sobre o autor, segundo informa a institución académica.

O historiador e xeógrafo Antonio Fraguas. RAG - Arquivo
O historiador e xeógrafo Antonio Fraguas. RAG - Arquivo

O simposio xuntará unha vintena de voces que profundarán na influencia de Antonio Fraguas na cultura galega, no seu legado nos estudos de etnografía e folclore, xeografía e arqueoloxía, "pero tamén na situación actual e as novas miradas das diferntes disciplinas que cultivou", indica a institución académica.

Este simposio continuará o mércores e o xoves no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, no marco dunha proposta coa música e as coplas da terra natral do protagonista, Cotobade.

A Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, o Museo do Pobo Galego e a Fundación Antonio Fraguas organizan conxuntamente este encontro, co apoio da Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta