Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2019 | Actualizada ás 13:04
As ondas superaron os 8,7 metros de altura na mañá deste luns na zona de Estaca de Bares nunha xornada na que se mantén activado o aviso laranxa no litoral das provincias da Coruña e Lugo.
Segundo os rexistros de aboias de Portos do Estado, recollidos por Europa Press, ata o mediodía deste luns a altura máxima de onda correspondeu a Estaca de Bares con 8,79 metros, mentres que se rexistraron 6,09 metros na zona de Vilán/Sisargas.
Desde as 6,00 horas deste luns está activado o aviso laranxa no noroeste da Coruña, na Costa da Morte e na Mariña luguesa debido ao mar de fondo con ondas de cinco a sete metros de altura. A iso sumouse desde as 9,00 horas o aviso laranxa no oeste do litoral da Coruña por mar de fondo con ondas de cinco a seis metros.
Ademais, desde as 12,00 horas no litoral de Pontevedra activouse o aviso amarelo por mar de fondo con ondas de catro a cinco metros de altura.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.