A Plataforma Vía Galega fai un "chamamento á mobilización" en contra da emigración galega "forzada"

Anxo Louzao denuncia que esta emigración está provocando "envellecimento da poboación, desemprego, precariedade laboral e falta dun horizonte colectivo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2019 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A plataforma Vía Galega convocou para este sábado, 14 de decembro, en 46 concellos da Comunidade autónoma mobilizacións contra a "emigración forzada". As manifestacións, previstas para as 12,00 horas deste sábado, que foron presentadas este martes en Santiago, encádranse dentro da campaña 'Non emigramos, expulsannos' que a plataforma iniciou o pasado mes de outubro.

Baixo esta lema, Vía Galega denuncia a "emigración estrutural" galega que, no últimos dez anos, foi de 216.000 persoas de entre 16 e 54 anos, das cales case 80.000 foron mozas con idades comprendidas entre 16 e 29 anos, segundo indicou un dos portavoces da plataforma, Anxo Louzao, ex voceiro de CIG-Ensino, na presentación da convocatoria.

Así, sinalou que "a subordinación política e a dependencia económica" son a explicación deste "drama social, nacional e persoal" que é a emigración, así como de "a destrución de parte importante da base produtiva" e o "espolio dos recursos" galegos.

Unha situación de "emerxencia nacional" que ten como consecuencia, segundo indicou Louzao, un "envellecimento da poboación, desemprego, precariedade laboral e falta dun horizonte colectivo".

MOCIÓNS ANTE As INSTITUCIÓNS

Ante esta problemática, o colectivo levou a cabo mocións ante os 313 concellos galegos, así como ao Parlamento galego para "esixir", puntualizou, políticas de emprego activas. Segundo Vía Galega, os eixos que "deben" conformar estas políticas son a "defensa da base produtiva" galega, "a creación de emprego digno e de calidade" e "o desenvolvemento de políticas sociais", así como de "políticas que lle dean forza aos sectores estratéxicos e ao tecido industrial de Galicia".

Anxo Louzao afirmou que a única forza política que se negou á moción proposta pola plataforma no Parlamento foi o PP, que baseou a súa negativa, segundo este portavoz, na estratexia 'Retorna' que a Xunta leva a cabo para facilitar o retorno dos mozos galegos emigrados.

Representantes da Plataforma Vía Galega na presentación da convocatoria de mobilizacións contra a enigración galega forzada celebrada este martes.. PLATAFORMA VIA GALEGA
Representantes da Plataforma Vía Galega na presentación da convocatoria de mobilizacións contra a enigración galega forzada celebrada este martes.. PLATAFORMA VIA GALEGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta