O presidente da Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN), o doutor José Polo, considera que "durante o período de formación, a día de hoxe, non se insiste o suficiente na medicina rural, sempre se lles prepara moito para a medicina hospitalaria, pero non para a atención primaria no rural".
  comenta   0
Segundo sinalaron os sindicatos CIG, CC.OO. e USO, a pesar das advertencias e avisos ao Sergas e á área sanitaria de Vigo, persisten problemas como falta de subministracións funxibles, problemas de respostos para os desfibriladores, problemas cos traxes EPI, etc., aos que se suman ambulancias en mal estado de mantemento.
Os e as traballadoras fixas descontinuas da Xunta de Galicia poderán traballar noutras administracións públicas durante o tempo que non o fagan para o goberno autonómico. Así o declarou o Tribunal Supremo tras a denuncia dun traballador en 2019. Con todo, quedan puntos por tratar como a promesa de Rueda de aumentar os meses de contratación para este grupo laboral
  comenta   0
Entre as protestas das traballadoras tamén figuran as diferenzas salariais en comparación con outras tendas do grupo, que as encargadas non poidan cobrar un plus de responsabilidade e as condicións dos seus contratos.
No seu recente artigo de opinión, baixo o título: Que está a pasar? -publicado en Galicia Confidencial-, Fermín Paz ofrece unha crítica fonda e reflexiva sobre a evolución sociopolítica desde a modernidade até a nosa era posmoderna, salientando os retos e as disxuntivas que enfronta a sociedade actual. A súa análise é penetrante e lúcida, porén, como toda obra de reflexión, benefíciase do diálogo e o complemento doutras perspectivas. Este artigo ten o propósito de ampliar e enriquecer as observacións de Paz, incorporando voces e pensamentos de expertos nunha morea de disciplinas, incluíndo filosofía, historia, economía e teoría política.
  comenta   0
Segundo advertiu a CIG, o novo director da planta viguesa anunciou unha profunda transformación "que pasa pola deslocalización" de produción a países como Marrocos, Portugal, Turquía, Alxeria ou Polonia, e por un "proceso de reconversión".
Montse Prado cre que os centros de Atención Primaria van vivir outro verán de "situacións límite", porque as medidas propostas implican "que un médico ou unha médica faga o traballo de varios".
  comenta   0
Repasamos da man de Fernando García Novo, xerente do consello territorial de Galicia da Fundación Laboral da Construción, os puntos positivos e negativos na actualidade.
  comenta   0
A loita contra a violencia machista e a discriminación salarial, entre as prioridades do escano galego na UE.
  comenta   0
O acto de protesta comezará cunha concentración na Praza de España, cos bombeiros uniformados cos seus traxes de intervención, e posteriormente haberá unha marcha ata a Praza do Rei, diante do Concello, onde se lerá un manifesto.
A secretaria xeral da organización xuvenil, Marta Gómez, denunciou que a mocidade galega leva anos "sufrindo as consecuencias das políticas do sistema capitalista" que, engadiu, obrígaos " á emigración forzosa ou á precariedade máis absoluta".
  comenta   0
O 35% da poboación ourensá cobra por baixo do SMI e as pensións continúan a ser as máis baixas do Estado, con 888 euros de media.
  comenta   0
A mobilización central será na Coruña contra "o roubo e saqueo", nun contexto no que un terzo dos asalariados non chega ao salario mínimo.
  comenta   0
"Hai que ter en conta que máis do 50 % das familias están na pobreza e que o 26,5 % das persoas traballadoras están na pobreza ou en risco da pobreza e todo como consecuencia, como digo, da reforma laboral que nace de manter vixente a reforma laboral de 2012, aínda que se lle suma á carestía de vida que vivimos neste momento", lamentou o portavoz da CIG, Paulo Carril.
  comenta   0
A provincia de Pontevedra leva rexistradas xa oito mortes relacionadas co lugar de traballo. O último deceso acontecía o día 8 de abril en Ponteareas. Con anterioridade un operario caera desde unha altura con resultado de morte e outro traballador morría nun accidente cunha pa mecánica. As causas das mortes no contexto do lugar de traballo son moi diversas mais tamén parece haber consenso en que non hai suficiente cultura da seguridade laboral.
  comenta   0
O Día da Muller arrincou este venres en Galicia con concentracións sindicais por toda a comunidade ao berro de 'Aínda que se molle, a nosa loita non se encolle' ou 'non somos escravas, somos traballadoras'.
  comenta   0
A CIG-Vigo chamou este xoves a manifestarse o próximo 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, ante a "grave situación de precariedade e pobreza" que afecta á maioría social e para reclamar un "marco galego" de relacións laborais.
Este ano, as reivindicacións porán tamén o foco na precariedade laboral que afecta as mulleres "como consecuencia da discriminación histórica" que padecen por parte do "sistema patriarcal".
A secretaria das Mulleres da CIG, Nicolasa Castro, denunciou que a reforma laboral de 2021 "agravou máis a fenda salarial de xénero", que os traballos temporais e parciais "seguen sendo desempeñados maioritariamente por mulleres" e que "os plans de igualdade non son útiles para deter os abusos contra as traballadoras".
  comenta   0
"Non hai cousas vellas nin novas, hai soamente cousas vivas e mortas, e non as determina a idade senón o sopro interior que as anima". Otero Pedrayo
  comenta   0
Representantes do Sindicato Labrego Galego sinalan que o 30 % das persoas que abandonan a lista é por falecemento e acusan á Xunta en limitarse a facer "propaganda". "Destinamos 4.856 euros por persoa dependente de media polos máis de 6.000 do Estado español".
  comenta   0