Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2024 | Actualizada ás 18:22
A Xunta prevé estabilizar este ano preto de 5.700 postos de traballo tras a finalización dos procesos de estabilización que está a realizar incluídos na lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Así, o Executivo galego ten en marcha 210 procesos que permitirán estabilizar un total de 5.677 postos de traballo. En 151 destes procesos e 5.030 prazas non se realiza ningún tipo de exame xa que o acceso é por concurso de méritos. Ademais, en 40 dos 59 procesos de estabilización restantes nos que hai que realizar probas, xa que o sistema de acceso é o de concurso-oposición, a parte da oposición xa concluíu.
Segundo lembrou a Administración galega, en 2022 e 2023 executou un total de 39 procesos de estabilización anteriores á aprobación da lei estatal. Eses 39 procesos permitiron estabilizar máis de 830 postos de traballo e, a maiores, en 2024 executan a fase de méritos doutros sete procesos anteriores á devandita lei.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.