Traballadores de Correos volven concentrarse na Estrada pola falta de persoal

Alertan de que é insuficiente o número de empregados para cubrir todo o territorio deste municipio.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 21/06/2024 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

Traballadores de Correos volveron a concentrarse, convocados por varios sindicatos, na Estrada pola falta de persoal, xa que alertan de que é insuficiente o número de empregados para cubrir todo o territorio deste municipio de gran extensión.

Nun comunicado, CSIF insta a Correos a "deixar de mirar para outro lado e resolver a situación de precariedade que atravesa o sector, agudizada co período estival".

CSIF expón que na Estrada hai amplas rutas e "cinco traballadores menos que non foron substituídos", polo que volveron a protestar ás portas do Concello este venres, tras unha pancarta coa lema 'En defensa dun correo público e de calidade. Máis contratación e menos recargas'.

Alertan de días libres e vacacións condicionadas pola falta de persoal de reforzo, contratación baixo mínimos do persoal eventual que pertence a bolsas de emprego, restricións na entrega de uniformes, así como un parque móbil moi deficiente e con menos unidades, entre outras cuestións.

Protesta de traballadores de Correos na Estrada. CSIF
Protesta de traballadores de Correos na Estrada. CSIF | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta